Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión encamiñada a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, avaliar o punto de partida e presentar a materia.
O alumnado semipresencial está obrigado a presentarse a esta sesión
Sesión maxistral Introdución conceptual aos contidos de cada un dos temas.
O alumnado semipresencial ten a súa disposición pílulas audiovisuais e outros materiais complementarios para traballar as cuestións teóricas abordadas nas sesións maxistrais.
Seminarios Traballo en profundidade, discusión grupal e debate de lecturas das problemáticas abordadas.
O alumnado semipresencial deberá facer as mesmas lecturas, que serán traballadas tanto nun foro específico en liña como nas sesións de titorías grupais presenciais acordadas para o cuadrimestre (un mínimo de 3).
Traballos tutelados Durante o curso realizaranse diferentes tipos de actividades e traballos, que poden ser individuais ou colectivos. No inicio do curso, presentarase un conxunto de actividades das que cada alumno/a deberá elixir aquelas que mellor se acomoden ás suas preferencias.
Isto tamén é válido para o alumnado semipresencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000