Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingüística: Introdución á lingüística aplicada
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ao alumnado nas lecturas obrigatorias relacionadas con cada tema. É moi recomendable ter traballadas estas lecturas previamente.
Para o réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática na plataforma de ensino virtual Faitic, ou no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.

Para o réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais de prácticas na plataforma de ensino virtual Faitic, ou no seu caso, o profesor poderá facerllos chegar a través de e-mail
Presentacións/exposicións Valorarase a calidade da presentación oral, o dominio da expresión e os recursos argumentativos.

Para o rexime semipresencial, o alumnado está obrigado a presentarse o día da súa presentación.
Traballos tutelados Realización dos traballos individuais e/ou colectivos que se propoñan durante o curso.
Actividades introdutorias Sesión encamiñada a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, avaliar o punto de partida e presentar a materia.
O alumnado semipresencial está obrigado a presentarse a esta sesión
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000