Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resposta a problemas propostos ou realización de exercicios na aula. No caso do alumnado semipresencial, estes exercicios indicaranse e presentaranse a través da plataforma de teledocencia FAITIC 5 A1
A2
A5
B1
B4
B5
B7
B9
C1
C2
C5
C8
C15
C20
D1
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Traballos de aula Realización de pequenos traballos, comentarios de textos gramaticais. Tamén se inclúe neste apartado a participación activa na aula. Os traballos poden realizarse na aula ou fóra. No caso do alumnado semipresencial, estes traballos indicaranse e presentaranse a través da plataforma de teledocencia FAITIC 5 A1
A2
A5
B1
B4
B5
B7
B9
C1
C2
C5
C8
C15
C20
D1
D2
D5
D8
D10
D11
D12
Probas de resposta curta Ao longo do cuadrimestre, o profesor avaliará as competencias adquiridas con tres probas principais de resposta curta. Serán obrigatorias tanto para o alumnado presencial como semipresencial. 50 A1
A2
A5
B1
B4
B7
B9
C1
C2
C5
C8
D1
D2
D10
D12
Estudo de casos/análisis de situacións Entregaranse ao profesor os casos de análises que expoña, para realizalos de forma autónoma. O profesor avaliaraos posteriormente coa porcentaxe indicada. Os exercicios hanos de realizar tanto o alumnado presencial como semipresencial. 40 A1
A5
B1
B5
B7
C1
C2
C5
C8
D1
D5
D8
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames son as mesmas tanto para alumnos presenciais como semipresenciais. Para este alumnado celebrarase unha tutoría grupal presencial ao mes, nunha data acordada e establecida pola coordinación do grao.

Recomendase, ao estudantes semipresenciais, asistir á tutoría  grupal presencial  de cada mes.

Ao longo do cuadrimestre, o profesor avaliará as competencias adquiridas con tres probas de resposta curta. A primeira proba abarcará os temas 1, 2 e 3; a segunda inclúe os temas 4, 5 e 6 e a terceira os temas 7 e 8. A primeira realizarase a finais de setembro, a segunda a finais de outubro e a terceira a finais do primeiro cuadrimestre. As datas serán susceptibles de modificación segundo o ritmo de aprendizaxe dos alumnos. Son probas obrigatorias para o alumnado presencial e semipresencial.

ALUMNADO PRESENCIAL:

1ª edición das actas: Os alumnos e as alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única.

De optar pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. 

Doutra banda, o dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só se avaliará con este sistema aos alumnos e as alumnas que asistisen a 38 horas ou máis de clase. Tamén se perderá o dereito á avaliación continua se non se entregan as prácticas obrigatorias fixadas pola profesora. 

Pola súa banda, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade.

2ª edición das actas: do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único examen na data oficial establecida pola Facultade.

ALUMNADO SEMIPRESENCIAL:

- En a 1ª edición das actas os alumnos e as alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. Independentemente do método de avaliación elixido, recoméndase asistir á presentación da materia e ás clases que sexan posibles.

Para a avaliación continua seguirase o seguinte método de avaliación:

  • Resolución de problema e/ou exercicios : 5%
  • Traballos de aula: 5%
  • Probas de resposta curta: 50%
  • Estudo de casos e análises: 40%

De non cumprir estes requisitos avaliarase polo método de avaliación única, que consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade. 

- En a 2ª edición das actas do mesmo xeito que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000