Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resposta a problemas propostos ou realización de exercicios na aula. No caso do alumnado semipresencial, estes exercicios indicaranse e presentaranse a través da plataforma de teledocencia FaiTIC 5
Traballos de aula Realización de pequenos traballos, comentarios de textos gramaticais. Tamén se inclúe neste apartado a participación activa na marcha da aula. Os traballos poden realizarse na aula ou fóra. No caso do alumnado semipresencial, estes traballos indicaranse e presentaranse a través da plataforma de teledocencia FaiTIC 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado respostará a unha proba escrita que contará con cuestións teóricas e prácticas sobre o temario. Terase en conta, na súa avaliación, os contidos e a expresión escrita. O alumnado semipresencial realizará esta proba de xeito presencial. 60
Traballos e proxectos O alumnado preparará, na aula e fóra, baixo a dirección do docente, un traballo sobre un tema relacionado con algún das epígrafes do programa e presentarao na aula, valorándose tanto o contido coma a expresión escrita e a presentación oral. No caso do alumnado semipresencial, estes traballos indicaranse e presentaranse a través da plataforma de teledocencia FaiTIC 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O exame correspondente á 1ª edición das actas terá lugar o 17 de decembro de 2014. O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá facer este mesmo día un exame final teórico-práctico de toda a materia.
A avaliación na 2ª edición das actas (xullo) realizarase a través dun exame na data oficial proposta pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000