Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Elaboración de traballos escritos de resumos de lecturas, charlas e outros tutelados na aula e realizados de forma autónoma(writing)


20
Presentacións/exposicións presentacións orais relacionadas coa lectura de textos da actualidade. Presentación oral final dun aspecto dun dos libros de lectura. Debese escoller só un libro de lectura da lista recomendada.
<br>
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de resolución de tarefas relacionadas coa destreza de comprensión oral e escrita. (listening, reading)
20
Outras Proba global final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia. Inclue exercicios de resposta curta sobre a aplicación dos contidos gramaticais e léxicos(Use of English) , e tarefas de de expresión escrita (writing), comprensión oral (listening) e escrita (reading) 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación. A opción por un sistema exclúe o outro.


Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. O alumnado que non poida acadar esta poncentaxe de asistencia perde esta opción. Ao alumnado que se acolla a ela computaráselle un 60% da cualificación final cos traballos e probas do curso, e un 40% coa proba final.


As probas ao longo do cuadrimestre ás que non se asista computaranse como un cero. A non realización dos traballos tamén computarase como un cero. Os traballos solicitados polo profesorado deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados.


O plaxio nos traballos orais e escritos será motivo de suspenso na materia. Ante calquera indicio de plaxio pedirase ao alumno/a en cuestión que repita na aula e sen uso de recursos o traballo presentado.


A avaliación única consistirá : nunha proba escrita global  que se realizará na mesma data que a proba final  oficial do alumnado que se acolle a avaliación continua, dous traballos escritos de resumo de textos con contidos da actualidade  (artigos de xornalismo de 2-3 páxinas que se poden procurar en Faitic ou por libre escolla ) que se presentarán  na mesma data que a proba escrita, e unha exposición oral baseada nun dos libros de lectura. Esta exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita. Débese escoller un só libro de lectura.


Na avaliación única computarase desta maneira: proba global escrita 50% (Use of English 40 %, listening 20%, reading 20%, writing 20%), traballos escritos 20%, e exposición oral 30%.


Tanto na avaliación continua coma na única é imprescindibel superar as probas ou traballos de cada unha das destrezas (writing, reading, speaking, listening) e a proba de  grammática e vocabulario (Use of English). Soamente  se conservará a calificación da exposición ou proba oral  e a proba de grammática e vocabulario para a segunda convocatoria  que tendrá as mesmas partes da proba final global antes sinalada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000