Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións e exposicións orais e escritas relacionadas coas destrezas de expresión (speaking and writing) 20
Probas de resposta curta Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, cloze, multiple choice, transformations, etc) coas destrezas lingüísticas (use of English) 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas, baseadas en materiais reais ou adaptados, relacionados coas destrezas de comprensión (listening and reading) 20
Outras Proba final: constará de cinco partes que avaliarán as catro destrezas comunicativas: comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral; así como as destrezas lingüísticas (Use of English). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PARA TODO O ALUMNADO
-Para a aprobar a materia será preciso aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening, speaking e
writing) e as destrezas lingüísticas (use of English).
-O plaxio e os intentos de copiar serán motivo de suspenso.
-A comezo do curso o alumnado terá que decidir se se vai acoller ou non ao sistema de avaliación continua. Quen non o faga, terá que facelo constar expresamente e por escrito

PARA O ALUMNADO QUE SE ACOLLER AO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
-Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua, a/o alumna/o deberá asistir ao 80% das horas presenciais. Ao
alumnado que asista a clase con aproveitamento e participación computaraselle un 50% da cualificación final co traballo e
probas do curso e un 50% coa proba final da convocatoria ordinaria, que coincidirá coa da estipulada no calendario oficial
para o alumnado non acollido á avaliación continua.
-Se se suspender algunha das destrezas, na convocatoria extraordinaria o alumnado non tería que repetir a(s) destreza(s)
aprobada(s) na convocatoria ordinaria do presente curso académico.
-As probas ao longo do semestre ás que non se asista computarán como un cero.
-Os traballos solicitados polo profesorado deben entregarse e/ou presentarse nos prazos e/ou datas marcados.

PARA O ALUMNADO QUE NON SE ACOLLER AO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
-O alumnado que non se acoller á avaliación continua terá que realizar unha proba final, quer na convocatoria ordinaria,
quer na extraordinaria, quer nambalas dúas, que constará de cinco partes que avaliarán as catro destrezas comunicativas e
a destreza lingüística (use of English). Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e para aprobar a
materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas. As datas para estas probas serán as marcadas ao efecto
no calendario oficial de exames.
-Se se suspender algunha das destrezas na convocatoria ordinaria do presente curso académico, na convocatoria
extraordinaria o alumnado non tería que repetir a(s) destreza(s) aprobada(s).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000