Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas
Presentacións/exposicións Presentacións orais e escritas guiadas sobre os contidos da materia, quer de forma individual quer colectiva, para reforzar as destrezas comunicativas de expresión.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos gramaticais e léxicos e as destrezas comunicativas de forma autónoma, con material de autocorrección.
Actividades introdutorias Presentación da materia ao alumnado.
Debates Actividade na que dous ou máis grupos defenden posturas contrarias sobre un tema determinado.
Titoría en grupo Explicación dos elementos dos contidos que precisen da aclaración das dúbidas que ao respecto presente o alumnado
Traballos de aula Práctica das catro destrezas comunicativas: comprensión oral (listening), expresión oral (speaking), comprensión escrita (reading) e expresión escrita (writing) así como das destrezas lingüísticas (use of English)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000