Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Valórase o rigor académico e deontolóxico do traballo presentado, a súa fundamentación, deseño metodolóxico e a capacidade crítica do discente e os resultados obtidos. Tamén será obxecto de avaliación a adecuación da presentación escrita ás normas académicas.
Comisión avaliadora: 55% (40% contidos, 15% adecuación ás convención académicas).
Titor: 30%
85 D1
D2
D3
D4
D7
D9
D14
D15
D18
D22
D23
D24
Presentacións/exposicións Valorarase a presentación canto a contidos e actitude (ton, expresión corporal, seguridade, preparación etc.). A exposición pódese apoiar nun pequeno guión ou material de soporte visual (presentación en PowerPoint ou
OpenOffice Impress_máximo 10 diapositivas), pero en ningún caso a presentación oral pode consistir na mera lectura dese material.
Comisión avaliadora: 15%
15 D1
D2
D3
D4
D7
D9
D14
D15
D18
D22
D23
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En caso de non superar a materia na primeira edición das actas, o tribunal avaliador facilitaralle ao discente un informe coas recomendacións oportunas para mellorar o traballo e a súa posterior avaliación nas seguintes edicións.

Será motivo de suspenso o plaxio (incluída a cita literal presentada como propia, sen comiñas nin referencia de autoría, ou calquera apropiación de ideas ou metodoloxía dun autor/a que non se mencione nas referencias, calquera que sexa a súa procedencia (traballo individual ou colectivo, de publicación impreso ou de documento electrónica de uso restrinxido, páxina web ou traballo dalgún compañeiro/a, etc.).

Para a avaliación seguirase o disposto no Regulamento do Traballo de Fin de Grao da Facultade de Filoloxía e Tradución aprobado en Xunta de Facultade o día 3 de febreiro de 2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000