Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
Este traballo final de grao poderá versar sobre calquera dos contidos do grao ou relacionados con eles aínda que non estean expresamente incluídos en ningunha das materias concretas. Os contidos estarán suxeitos á liña de traballo e titor/a asignados.
Estrutura A estrutura do TFG pode seguir distintos modelos e será o/o director/a quen
aconselle en cada caso a estrutura máis adecuada ao tema do
traballo.
Pautas de redacción e presentación Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes requisitos formais:
Extensión: entre unhas 3.000 e 9.000 palabras.
0. Portada en que figure a mención: Grao de Tradución e Interpretación (Facultade de Filoloxía e Tradución - Universidade de Vigo), o título completo do TFG, o nome do/a autor/a e do/ a director/a, e data de presentación (mes/ano).
1. Índice paxinado.
2. Resumo dunhas 100 palabras (na lingua de redacción do traballo e, en caso pertinente na lingua sobre a que se realizou o TFG).
3. Introdución e estado da cuestión. Presentación do tema de estudo ou práctica e da súa pertinencia. Presentación da estrutura e dos obxectivos do TFG.
4. Corpo do traballo (estrutura por determinar por quen dirixa o traballo)
5. Resultados
6. Conclusións. Verificación do grao de cumprimento dos obxectivos propostos, reflexión sobre os resultados máis interesantes do TFG, reflexión sobre os aspectos teóricos, prácticos ou metodolóxicos que puideron provocar problemas durante a realización do TFG.
7. Bibliografía. Todas as referencias bibliográficas citadas en texto (ou consultadas), segundo o sistema de citas que determine o/a directora do TFG.
8. Anexos.
O TFG deberá ser entregado en formato impreso (3 copias) e en PDF.
Defensa oral De acordo co Regulamento do TFG vixente na Facultade de Filoloxía e Tradución, a defensa oral é obrigatoria. Constará dunha exposición por parte do /o autor/a do traballo (máx. 10 minutos), seguida dos comentarios do tribunal (máx. 15 minutos), con breve resposta do/a autor/a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000