Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Prácticas externas: Prácticas en empresas e organismos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas externas Cada alumno/a contará cun titor/ora académico e outro no destino. O titor académico axudaralle a tramitar a documentación e mediará en caso de necesidade. O titor de destino é responsable de organizar a práctica, preparar os textos, indicar prazos e facer as correccións oportunas para que exista avaliación formativa. O titor académico debe corrixir a memoria de prácticas ao finalizar a práctica (documento D7: 30% da nota) e o titor de destino deberá dar unha nota entre 0 e 10 (documento D5: 70% da nota). A coordinadora de prácticas estará a disposición do alumnado para calquera dúbida, tanto en titorías presenciais como en telemáticas. En Faitic están colgados todos os documentos relacionados coas prácticas (convocatoria, impresos, cronograma, modelo memoria de prácticas, recomendacións para computar tarefas de tradución directa, inversa, etc.). É responsabilidade dos estudantes consultar todo isto en Faitic.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000