Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Prácticas externas: Prácticas en empresas e organismos
   Contidos
Tema Subtema
A materia ten como obxectivo principal achegar ao alumno ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais cara aos que podería orientar a súa actividade futura. Por iso, proporcionaráselle a posibilidade de realizar prácticas en empresas, institucións, servizos internos ou con tradutores/as autónomos/as relacionadas cos sectores de intermediación lingüística e cultural, planificación e asesoramento lingüístico e literario, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, turismo e xestión cultural, ámbito editorial, actividades relacionadas coa tradución e a interpretación, empresas e administración pública en postos que implican bo coñecemento doutras linguas e culturas. - Respecto polo método de traballo
- Organización e respeto de prazos
- Cuestións éticas e deontolóxicas
- Responsabilidade sobre as tarefas encomendadas
- Presentación de resultados
- Traballos de calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000