Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. 40 A2
A5
C3
C5
C8
C17
C22
C26
D8
D9
D15
Resolución de problemas Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a esas actividades sobre a cal se establecerá a cualificación. 60 A1
A3
A4
C1
C4
C12
C21
C33
D7
D12
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación, o
primeiro deles de natureza continua e o segundo unha proba única. O sistema de avaliación de natureza
continua baséase na realización dunha proba final relativa ás actividades
desenvolvidas e dous traballos de tradución. Por unha banda, a proba final
relativa ás actividades desenvolvidas representa o 60% da nota global. A
devandita proba final, que terá lugar na semana do 23 de abril de 2018,
consiste en exercicios de tradución sobre textos abordados
nas clases, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material auxiliar de ningún tipo. Por
outra banda, os dous traballos de tradución, que terán lugar respectivamente
nas semanas do 19 de febreiro de 2018 e do 19 de marzo de 2018, proporcionan un
40% da nota global. O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que
non se acolla ao sistema de avaliación única para a convocatoria de maio
(primeira edición de actas) e a todo o alumnado para a convocatoria de xullo
(segunda edición de actas), é unha proba única con exercicios de tradución
referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente
materiais lexicográficos en formato papel. A data da proba única da
convocatoria de maio e a data da proba da convocatoria de xullo serán fixadas
no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. No caso de que se obteña a
cualificación de suspenso na convocatoria de maio, haberá que recuperar a
totalidade da materia na convocatoria de xullo. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e a calidade do contido
das respostas, senón tamén a corrección lingüística. O alumnado Erasmus
deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua de partida e un
coñecemento de tipo alto da lingua de chegada. A copia ou plaxio nos traballos
de tradución e/ou na proba terá como consecuencia unha cualificación global
negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000