Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios
Avaliarase a resolución dos problemas desenvoltos na aula ou na casa.
10
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente coas prácticas autónomas a través das TIC e as prácticas en aulas de informática. 10
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Traballos tutelados Avalíase a encomenda de tradución formada por unha tradución de aprox. 1000 palabras, un glosario e un comentario. O texto para traducir entregaráselle ao alumnado o último día de aulas. Contará con dúas semanas para elaborar a tarefa e entregar. 35
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas en aulas de informática. 0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá nun exame que, á súa vez, inclúe, dúas probas. A primeira será a tradución dun texto de aprox. 250 palabras que abordará varios temas estudados ao longo do semestre. A segunda consistirá nun exercicio de revisión dunha tradución. As dúas probas farán media ponderada atendendo á seguinte relación: 85% para a tradución e 15% para a revisión. O exame farase en papel. Como material de apoio poderá contarse con ordenador (procesador de textos, dicionarios instalados e apuntamentos) e todo tipo de obras de consulta. Esta proba terá lugar o último día de aulas do cadrimestre. 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:


A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.


A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.


Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías.


O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia.


Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:


O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas do cadrimestre (avisarase o alumnado a través de Faitic). De non superar esta primeira convocatoria, disporase dunha segunda en xullo. Neste caso, a proba terá lugar  na data fixada pola Xunta de Facultade para a convocatoria de xullo.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador (sen acceso a Internet) e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras (85%), un exercicio de revisión dunha tradución (10%) e unha pregunta sobre a lectura obrigatoria (5%).


Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000