Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse exercicios de tradución que reproducirán situacións reais, así como exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua (10%).
Traballos de aula Consisten en exercicios que se desenvolverán na propia aula. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos, análise textual ou corrección de traducións. Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas a través das TIC (10%).
Prácticas en aulas de informática Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC (10%).
Traballos tutelados Inclúese aquí a encomenda de tradución que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (35%). A encomenda consistirá na tradución do alemán para o castelán dun texto de aprox. 1000 palabras, que irá acompañada do correspondente glosario e comentario de tradución.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a bibliografía de lectura obrigatoria.
Prácticas autónomas a través de TIC Estas actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa práctica da tradución desenvolveranse a través das TIC de maneira autónoma. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas en aulas de informática (10%).
Sesión maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000