Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Alemán-Español
   Contidos
Tema Subtema
1. Fontes de consulta para a tradución especializada do alemán
1.1. Fontes de documentación en formato papel, electrónicas, en rede e textos paralelos
1.2. Identificación e explotación de repertorios axeitados das culturas implicadas
2. Elementos de lingüística contrastiva
2.1.Convencións formais da linguaxe científico-técnica en español. As abreviacións e o Sistema Internacional de Unidades. Ortotipografía
2.2. Estilística dos textos técnicos e científicos nas culturas alemá e española
2.3. Lexicoloxía e fraseoloxía da linguaxe especializada alemá nos ámbitos científicos e técnicos
3. Análise textual 3.1. Funcións textuais
3.2. O concpeto de xénero textual e a súa rendibilidade para a tradución de textos técnicos e científicos
4. Tradución de textos
4.1. Ámbito técnico
4.1.1. Análise e tradución de documentos con predominancia do propósito retórico instrutivo (manuais de instrucións)
4.1.2. Análise e tradución de documentos con predominancia do propósito retórico expositivo (catálogo de produtos, informe técnico...)
4.1.3 Análise de documentos con predominancia do propósito retórico argumentativo (artigo de opinión, recensión...)

4.2. Ámbito científico
4.2.1. Análise e tradución de documentos con predominancia do propósito retórico expositivo (artigo de divulgación)
4.2.2. Análise de documentos con predominancia do propósito retórico instrutivo
4.2.3. Análise de documentos con predominancia do propósito retórico argumentativo
5. Aspectos profesionais 5.1. O mercado da tradución na combinación lingüística alemán-español
5.2 Criterios de calidade. Control de calidade: crítica de traducións, metalinguaxe, avaliación e análise de erros, revisión propia e allea
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000