Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Outros traballos de tipo práctico e encargos de tradución realizados durante o curso 40%
40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame realizado na aula consistente na tradución dun texto científico-técnico. Crítica de traducións científicas. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba sobre os contidos teóricos da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 

Os alumnos deberán decidir ao principio do curso se optan pola avaliación continua ou a avaliación única. Para acollerse á avaliación continua, é necesario asistir ao 80% das clases (salvo en casos excepcionais a criterio dos docentes), a entrega da ficha durante as dúas primeiras semanas de clase e a entrega dos traballos nos prazos e segundo as condicións establecidas polos docentes. En calquera das formas de avaliación é necesario aprobar o tres partes para aprobar a materia. Para aquelas persoas que non sigan a avaliación continua, do mesmo xeito que para aquelas que teñan que presentarse á segunda convocatoria, a avaliación consistirá nun exame presencial sobre os contidos teóricos da materia (20% da nota), un encargo individual de tradución (40%) e un exame de tradución realizado na aula (40%). As datas dos exames serán:

Avaliación continua: 4 de maio 2015, ás 11:00 (tradución+proba de contido teóricos+entrega de encarga). 

Avaliación única: 4 de maio 2015, ás 11:00 (tradución+proba de contido teóricos+entrega de encarga).

Penalizarase con suspenso calquera tipo de plaxio. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000