Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do estudantado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á súa competencia tradutora, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Aprendizaxe baseado en proxectos O estudantado entregará un encargo de traducción realizado en grupo (se as condicións de matrícula o permiten). A este traballo asígnaselle un 30% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D3
D6
D8
D12
D14
D16
D22
D23
Resolución de problemas O estudantado debe subir a MooVi todas as tarefas que se lle encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do estudantado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o estudantado do curso). 25 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D22
D23
Práctica de laboratorio Na última sesión do curso, o estudantado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Para superar a materia é obrigatorio aprobar esta proba. Se houber algún cambio sobre a data prevista, comunicarase con suficiente antelación. 30 A2
A4
A5
C17
C22
D15
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao remate do tema 1, o estudantado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Para aprobar, dun total de oito preguntas, deben responder correctamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data da proba: segunda sesión de clase da semana do 11 ao 15 de marzo de 2024 na aula. De haber algún cambio, a data exacta notificaraselle ao estudantado matriculado con suficiente antelación a través de MooVi. 15 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Autoavaliación Ao longo do curso, o estudantado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do estudantado. Xa que logo, o estudantado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. 

O estudantado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas no primeiro mes do curso ou no momento en que se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no rexime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. Independentemente da oportunidade ou sistema de avaliación seleccionados, é responsabilidade do estudantado consultar os materiais, os requisitos de avaliación e as novidades a través da plataforma MooVi e estar ao tanto das datas de entrega de traballos e realización de probas de avaliación.  

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO): 

Na primeira oportunidade de avaliación, o estudantado deberá escoller entre os dous sistemas de avaliación que se describen a continuación: avaliación continua e avaliación única. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única.

Condicións do sistema de avaliación continua:

O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación, sempre que cumpran os seguintes requerimentos:

- Deixar constancia por escrito a través da plataforma MooVi da vontade e do compromiso de acollerse á modalidade de avaliación continua no primeiro mes do curso. Para iso habilitarase unha tarefa específica na plataforma. 

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Proxecto grupal de tradución directa. 

b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª sesión de clase da semana do 6 ao 10 de marzo de 2023.

c) Proba práctica de tradución directa. Data de realización: Última sesión do curso.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma de teledocencia para que todo o estudantado matriculado na materia poida acceder a eles.

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso aquel estudantado que:

-Cometa máis de dúas faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da tarefa ou proba). 

-Incurra en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade nese aspecto.

-Incumpra as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba. 

-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE CO ESTUDANTADO QUE NON SUPERASE UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN. 

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de MooVi durante o primeiro mes do curso da súa vontade acollerse ao sistema de avaliación única, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame o 23 de maio de 2023, data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%) Para aprobar esta parte da proba será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (70%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. O estudantado ten dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Neste exame obterán a cualificación de suspenso aquel estudantado que:

-Cometa máis de dúas faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da proba). 

-Incurra en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade nese aspecto. 

-Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións). 

-Incurran en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade nese aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XUÑO): 

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%) 

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (70%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. O estudantado ten dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

 En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aquel estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incumpra as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba. 

- Incurra en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade nese aspecto.

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

3. Metas da linguaxe científica.

4. Elementos e características do estilo científico-técnico.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000