Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora do estudantado, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Traballos tutelados O alumnado realizará dous traballos tutelados. No primeiro traballo cada estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia e asignaráselle un 10% da cualificación final. Data de entrega: luns, 1 de marzo de 2016. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC.
No segundo traballo, o alumno presentará unha traducción realizada en grupo (se as condicións de matrícula o permiten), xunto cunha serie de tarefas que se lle propoñerán como parte do traballo. A este traballo asígnaselle un 25% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. Data de entrega: mércores 27 de abril de 2016. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e caixa do correo nº52.
35 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D3
D6
D8
D12
D14
D16
D22
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 25 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na primeira semana de maio de 2016 os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Para superar a materia é obrigatorio superar esta proba. A data precisa comunicarase a todos os estudantes matriculados con suficiente antelación. 20 A2
A4
A5
C17
C22
D15
D22
Probas de resposta curta Ao remate do tema 3, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data da proba: segunda sesión de clase da semana do 7 ao 11 de marzo de 2016 na aula correspondente. A data exacta notificaráselles a todos os estudantes matriculados con suficiente antelación. 20 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua, que se corresponde coa avaliación realizada no mes de maio. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que
permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións
de avaliación na primeira oportunidade de avaliación.


ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO):


- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas entregadas deben estar completas para que conten como entregadas. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Traballo tutelado sobre o libro de lectura.

b) Proxecto de tradución directa.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*.

d) Proba práctica de tradución directa.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

A PROBA TEÓRICA REALIZARASE NA SEMANA DO 7 AO 11 DE MARZO DE 2016 EN HORARIO DE CLASE. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO DE 2016. AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.


SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)


PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.



*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:


1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.

2. Características dos textos especializados.

3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

5. O método científico.

6. Metas da linguaxe científica.

7. Elementos e características do estilo científico-técnico.

8. Notación científica e unidades de medida. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000