Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora do estudantado, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado. Neste traballo cada estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia. 15
Proxectos
Durante as últimas 5 semanas do curso, os estudantes traballarán en grupo de maneira colaborativa desenvolvendo un proxecto de tradución directa. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 5, durante a que se lles entregará aos estudantes unha guía coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto.
30
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana do cuadrimestre (17-21 de decembro de 2012) os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 15
Probas de resposta curta Ao remate do tema 3 (aproximadamente na semana 9 do curso), os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 20
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua.


ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:


- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Traballo tutelado.

b) Proxecto de tradución directa.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*.

d) A tarefa do apartado de resolución de exercicios que for seleccionada para corrixir e puntuar.


Os alumnos que desexen acollerse ao sistema de avaliación continua deberán indicalo nas dúas primeiras semanas de curso.


ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:


Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3.  Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%). 

Para o desenvolvemento do examen non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. O EXAME FINAL CELEBRARASE NA ÚLTIMA SEMANA DO CURSO (17-21 DE DECEMBRO DE 2012). AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN AOS ESTUDANTES A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.


SEGUNDA CONVOCATORIA


PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.


PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.



*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:


1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.

2. Características dos textos especializados.

3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

5. O método científico.

6. Metas da linguaxe científica.

7. Xéneros textuais propios dos ámbitos científicos e técnicos.

8. Elementos e características do estilo científico-técnico.

9. Notación científica e unidades de medida. 


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000