Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias teñen dous obxectivos: presentar a materia ao estudantado e reunir información sobre o estudantado para avaliar a situación de partida.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o estudantado.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que enfrontan o estudantado, traballando en equipo ou individualmente segundo o permitan as características do grupo matriculado, a problemas abertos de tradución. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O estudantado, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula.
Estudo de casos Actividades de análise previa dos textos propostos para traducir, en que se inclúe a detección e resolución de necesidades documentais.
Seminario Entrevistas que o estudantado mantén coa docente da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000