Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias teñen dous obxectivos: presentar a materia ao alumnado e reunir información sobre o alumnado para avaliar a situación de partida.
Traballo tutelado Os traballos tutelados abarcan dous tipos de traballos:
1. Elaboración por parte do estudante, de maneira individual, dun documento en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso.
2. Realización de actividades que enfrontan os alumnos, traballando en equipo ou individualmente segundo o permitan as características do grupo matriculado, a problemas abertos de tradución. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas Actividade en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O alumno, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula.
Estudo de casos/análises de situacións Actividades de análise previa dos textos propostos para traducir, en que se inclúe a detección e resolución de necesidades documentais.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesor da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000