Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Alén diso, realizarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 60 C1
C3
C4
C12
C21
C24
C26
C33
D12
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dúas tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C9
C25
C26
C33
D12
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación.

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe unha asistencia continua ás sesións presenciais acordadas. Tal sistema de avaliación
baséase na realización de actividades, unha proba presencial e dúas tarefas.

Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer na penúltima sesión, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos
nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar.

Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria de maio e tamén para a convocatoria de xullo,
é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do
programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos
en formato papel. A data da convocatoria establecerase ao longo do curso e avisarase por FAITIC. A data da convocatoria de xullo será fixada polo Decanato.

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000