Establécense
dous sistemas de avaliación. O primeiro
sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de asistencia do
80% ás sesións presenciais. Tal sistema de avaliación baséase na
realización dunha proba presencial vinculada ás actividades abordadas nas sesións e dúas tarefas presenciais
(agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra opción). Por unha
banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da nota final. A
devandita proba presencial, que se ha facer o día 22 de abril de 2015,
consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos nas
sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar. Por outra
banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota final. O segundo
sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de xeito frecuente
para a convocatoria da primeira edición de actas e tamén para a convocatoria da segunda edición de actas, é unha
proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do programa,
con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato
papel. A data da convocatoria da primeira edición de actas é o día 22 de abril de 2015,
mentres que a data da convocatoria da segunda edición de actas será fixada polo Decanato. A copia ou
plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final
negativa. |