Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades sobre os contidos da materia que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba presencial final relativa a esas actividades. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dúas tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense
dous sistemas de avaliación.

O primeiro
sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de asistencia do
80% ás sesións presenciais. Tal sistema de avaliación baséase na
realización dunha proba presencial vinculada ás actividades abordadas nas sesións e dúas tarefas presenciais
(agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra opción).

Por unha
banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da nota final. A
devandita proba presencial, que se ha facer o día 22 de abril de 2015,
consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos nas
sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar.

Por outra
banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota final.

O segundo
sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de xeito frecuente
para a convocatoria da primeira edición de actas e tamén para a convocatoria da segunda edición de actas, é unha
proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do programa,
con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato
papel. A data da convocatoria da primeira edición de actas é o día 22 de abril de 2015,
mentres que a data da convocatoria da segunda edición de actas será fixada polo Decanato.

A copia ou
plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final
negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000