Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Resolución, de xeito autónomo, de encomendas que simulan as condicións da práctica profesional real. Estas probas, de carácter acumulativo, estarán planificadas e distribuídas ao longo das sesións do periodo docente 60
Observación sistemática Observación sistemática Recensión crítica das lecturas encomendadas e participación nas sesións de

traballo con exposicións, argumentacións críticas, propostas de resolución

tradutora, etc.

40

Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única.

No primeiro sistema -avaliación continua- esíxese un mínimo de asistencia presencial do 80%, salvo casos excepcionais nos que a criterio do docente se poderá dispensar do cumprimento deste requisito.

Na avaliación do alumnado presencial, a cualificación determinarase conforme o seguinte criterio:

Asistencia e participación activa nas clases: 20%

Entrega de dúas encomendas: 30%

Realización dunha proba de exame: 40%

Lectura e recensión dunha lectura obrigatoria: 10%

Para o alumnado que non asista con regularidade a clase, haberá unha proba de avaliación -única- que versará sobre os contidos do programa no seu desenvolvemento práctico. A data desta proba -cara as últimas sesións do curso- fixarase cunha antelación mínima de trinta días. O alumnado que non asista con regularidade será informado da data desta proba mediante publicación que se insertará no blog de traballo http://nonfalsosamigos.blogspot.com.es/ e/ou a través de correo electrónico.

En calquera caso, a copia ou plaxio nas probas de exame suporá unha cualificación negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000