Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Portugués-Galego
   Contidos
Tema Subtema
1. A tarefa dunha encomenda de tradución de textos administrativos e económicos.

2. Análise do texto de partida: xénero, contexto, pragmática da comunicación.

3. Localización e emprego de textos paralelos.

4. Procedementos de tradución.

5. Valoración crítica do texto de chegada.
1.1. Planificación e estratexias encamiñadas á consecución dos obxectivos establecidos pola encomenda.

2.1. Análise das dificultades lingüísticas xerais e terminolóxicas específicas que contén o texto de partida.

2.2. Valoración da situación comunicativa en que se orixinou o texto.

2.3. Cualificación do texto atendendo ao seu rexistro, estilo e demais características formais.

2.4. Valoración da funcionalidade do texto no seu contexto orixinal.

2.5. Valoración da funcionalidade, destinatarios e contexto da encomenda.

3.1. Rexistro de textos paralelos en fontes documentais diversas, tanto da lingua de partida como da lingua de chegada.

3.2 Problemas propios das linguas afíns, tales como falsos amigos, calcos, interferencias e outros.

4.1. Exposición dos procedementos, recursos e ferramentas de tradución empregados.

4.2. Valoración da escolla e defensa do criterio profesional seguido.

5.1. Presentación da tradución realizada e defensa motivada das solucións adoptadas.

5.2 Capacidade de asunción de propostas meliorativas ou alternativas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000