Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
&*lt;*br&*gt;(*) Os estudantes han de realizar unha exposición sobre un tema en relación coa materia. Requírese preparación adecuada da mesma en función do asunto e o destinatario e presentación adecuada a un nivel académico.
&*lt;*br&*gt;&*lt;*br&*gt;
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
&*lt;*br&*gt;
&*lt;*br&*gt;&*lt;*br&*gt;Pertencen a este apartado os dous encargos de tradución que se han de realizar, un do ámbito xurídico-administrativo, outro do ámbito económico.
20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. (*) Os estudantes realizarán un exame nas datas sinaladas. Consistirá na tradución/adaptación/*reelaboración ou semellante de dous textos, un do ámbito xurídico-administrativo, outro, do ámbito económico. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(*) En ocasións púidose constatar unha acentuada discrepancia entre o rendemento na aula dalgún estudante e a calidade dos correspondentes encargos de tradución. En casos como este, o docente realizará as comprobacións pertinentes para poder valorar adecuadamente ao estudante.

Como é sabido, aqueles estudantes que opten pola avaliación
continua han de asistir nun oitenta por cento ás clases. Os que
prefiran presentarse unicamente ao exame final han de comunicalo, por escrito,
a principio de curso. A avaliación será continua máis un exame ao final do
cuadrimestre, o 23 de abril. Se algún estudante non pode, por forza maior, participar
na avaliación continua poderá presentarse a un único exame na data sinalada. A aqueles estudantes que opten pola avaliación continua respectaráselles as cualificacións parciais, isto é, aquelas que non son resultado do exame final. 



Realizarase un exame de avaliación única en primeira convocatoria. Para superar a materia é necesario aprobar os dous apartados do exame, o xurídico-administrativo e o económico. O estudante examinarase de novo unicamente da parte non superada. O exame constará na tradución dun texto xurídico/administrativo e un texto de carácter económico. 

O exame de xullo terá as mesmas características que o de maio.

Non está permitido copiar nin plaxiar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000