Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación
O alumnado deberá preparar individualmente algún dos temas propostos de carácter contrastivo. Cómpre entregar as sinopses das presentacións ata o 15 de abril.
20 A1
A2
A4
C1
C2
C3
C5
C10
C17
C22
C27
D4
D7
D8
D9
D12
D14
D17
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 10 A2
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá preparar unha encomenda de aproximadamente 500 palabras. 30 A1
A2
A4
C1
C2
C3
C5
C10
C17
C22
C27
D4
D7
D8
D9
D12
D14
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución de 2 textos de aprox. 200 palabras cada un e poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas. 40 A1
A2
A4
C1
C2
C3
C5
C10
C22
D4
D7
D8
D9
D12
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como informarse sobre as datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.

Penalizarase o uso de ferramentas de tradución automática sen autorización expresa do profesorado.

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asidua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias da resolución de problemas de forma autónoma e da presentación. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o estudante deberá comunicarllo á docente por escrito nas tres primeiras semanas de clase por correo electrónico. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o estudante non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o estudante que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

O exame constará de un exercicio de tradución de 2 textos de 200 palabras cada un; os textos serán do ámbito administrativo e económico. Entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido.

Este exame realizarase no último día de clase.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT.

O exame constará dun exercicio de tradución de 2 textos de aprox. 200 palabras cada un; os textos serán do ámbito administrativo e económico. Este exame final poderá incluír, así mesmo, cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre.

A tradución e os exercicios resoltos entregaranse obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en internet.

Para superar a materia é necesario aprobar a tradución dos dous apartados do exame, o administrativo e o económico.

No caso de suspender unha parte, a/o estudante examinarase de novo unicamente da parte suspensa. O exame constará na tradución dun texto do ámbito administrativo e un texto de carácter económico.

Penalizarase a copia e o plaxio.

En caso de suspenso na primeira oportunidade (maio), o alumnado poderá acollerse á modalidade de avaliación única de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000