Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
Avalíase a competencia tradutiva.
20
Eventos docentes e/ou divulgativos
Prevese o control de asistencia activa mediante un test sobre os contidos dos eventos.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 10
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse (conxuntamente co referido no apartado "Resolución de problemas") os exercicios que se desenvolverán na propia aula de informática e as prácticas autónomas a través de TIC. 0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC
0
Actividades introdutorias
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado: farase un test
de nivel de lingua alemá e de tradución.
0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución, revisión ou exercicio teórico efectuarase con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet;
nunha segunda parte (tradución) tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 250, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou unha revisión de tradución.
No exame poderase utilizar todo tipo de obras de consulta
O exame constará dun exercicio de tradución de entre 300 e 350 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou unha revisión de tradución.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

A data do exame da avaliación continua fixerase antes de rematar o mes de abril e se estima que terá lugar na última semana das aulas.


Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que está prevista para a última semana do curso (maio) e na data establecida pola FFT (xullo), respectivamente. A data fixarase antes de rematar o mes de abril; farase pública na plataforma da materia (Faitic) na sección "Anuncios".

O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000