Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados
Inclúese aquí o traballo que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua.
Entregaráselle ó alumnado e á profesora un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do traballo. Quedará ó dispor das/dos
compañeiras/os nas TIC.
Data límite de presentación: 30 de abril de 2013
Data límite de entrega da sinopse: 15 de maio de 2013
25
Presentacións/exposicións
Avalíase a competencia discursiva dos disentes nun contexto formal
5
Eventos docentes e/ou divulgativos
Prevese o control de asistencia activa mediante un test sobre os contidos dos eventos.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 15
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula de informática e as prácticas autónomas a través de TIC. 15
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC
0
Actividades introdutorias
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado: farase un test
de nivel de lingua alemá e de tradución.
0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó
longo do semestre (aprox. 250 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se
efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet;
nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Neste sentido, a condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na última semana do curso. A data fixarase antes de rematar o mes de abril; farase pública na plataforma da materia (Faitic) na sección "Anuncios".

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.

O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se
efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso
a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e
as fontes de información dispoñibles en internet.

Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000