Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Contidos
Tema Subtema
0. Introdución a. Alemán
i. Características da linguaxe especializada do alemán: estruturas sintácticas, compostos, sintagmas nominais e preposicionais complexos, fraseoloxía
ii. Linguaxe non-sexista
iii. Ordenación territorial e administrativa de D, CH e A

b. Galego
i. Recursos da linguaxe especializada galega
ii. Recursos de documentación administrativa galega
iii. Linguaxe non-sexista
1. Textos do ámbito administrativo a. Introdución aos documentos administrativos
b. Análise e tradución de certificados académicos. O sistema educativo/universitario alemán vs. galego
c. Análise e tradución de outros documentos administrativos da cidadanía, da administración ou dirixidos á cidadanía
2. Textos do ámbito económico a. Introdución aos textos do ámbito económico
b. Análise e tradución de textos económicos de carácter xeral
c. Análise e tradución de textos do ámbito empresarial
d. Análise e tradución de textos de comercio internacional (contrato de compravenda mercantil, condicións xerais de contratación)
3. Contidos transversais a. Metodolóxicos
i. Crítica de traducións. Metalinguaxe. Avaliación e análise de erros.
ii. Exercicios de identificación e explotación dos repertorios axeitados das culturas implicadas

b. Contrastivos (culturais e estilísticos)
i. Ortotipografía, estilística, sintaxe, aspecto discursivo
ii. Terminoloxía e fraseoloxía específica

c. Profesionais
i. O mercado da tradución de textos administrativos e económicos
ii. Criterios de calidade
iii. Autoavaliacion, avaliacion allea
iv. A tradución xurada

d. As ferramentas para a tradución de textos deste ambito de especialidade. Fontes de documentación: recursos en liña, textos paralelos, dicionarios. Criterios de selección da fonte de información e dos contidos relevantes. Correctores lingüísticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000