AVALIACIÓN CONTINUA O alumnado debe manifestar a súa vontade de acollerse á avaliación continua nas dúas primeiras semanas de clase. Isto farase entregando a ficha con foto e outros datos académicos debidamente cuberta. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir regularmente a clase. Excepcionalmente, por motivos persoais ou familiares (traballo, enfermidade, etc.) que se exporán á docente, pode cursarse a materia de forma semipresencial. É necesario obter un 5 en cada unha das traducións do apartado de Probas "prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas" para que se faga a media coas outros métodos de avaliación. De non ser así, deberase realizar unha tradución da parte que non está aprobada na convocatoria de xullo. A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias. AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XULLO A convocatoria única de maio (18/5/2016) e a extraordinaria de xullo constará de dúas traducións dunhas 500 palabras *aprox. cada unha, para cada unha das partes do temario (textos económicos e textos administrativos). É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media. A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias. |