Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realizaranse dous encargos de tradución un por cada parte do temario.
35
Traballos de aula Entregaranse unha serie de exercicios que se elaboren en clase segundo as indicacións da profesora e os contidos explicados previamente. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas traducións en tempo controlado (2 horas) para cada unha das partes do temario.
A segunda será o día 15 de maio ás 11 h.
Cada unha das traducións contará o 50% desta parte. É necesario que cada unha delas supere o 5/10 para poder facer media coas notas das demais actividades.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA
O alumnado debe manifestar a súa vontade de acollerse á avaliación continua nas dúas primeiras semanas de clase. Isto farase entregando a ficha con foto e outros datos académicos debidamente cuberta. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. Excepcionalmente, por motivos persoais ou familiares (traballo, enfermidade, etc.) que se exporán á docente pode rebaixarse a porcentaxe de asistencia.

É necesario obter un 5 en cada unha das traducións do apartado de Probas "prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas" para que se faga a media coas outros métodos de avaliación. De non ser así, deberase realizar unha tradución da parte que non está aprobada na convocatoria de xullo.

A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias.

AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XULLO

A convocatoria única de maio (15/5/2014) e a extraordinaria de xullo constará de dúas traducións dunhas 500 palabras aprox. cada unha, para cada unha das partes do temario (textos económicos e textos administrativos). É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media.

A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000