Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado (oralmente ou por escrito), ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 5
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
1ª proba (35%)
2ª proba (35%)
70
Probas de resposta curta O alumnado deberá facer un breve exame sobre as lecturas obrigatorias. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder acollerse á avaliación continua o alumnado deberá entregar todos os exercicios nas datas estipuladas polo profesor.

As probas presencias previstas para avaliación continua terán lugar en horario de clase e serán comunicadas coa suficiente antelación a todo o alumnado matriculado.

Aqueles/as que se acollan á avaliación continua e obteñan unha cualificación de suspenso deberán presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo nas condicións fixadas para a avaliación única.

A proba de avaliación única terá lugar o 28 de abril en horario docente (9h-11h) e consistirá en:

- Tradución directa con tempo limitado dun texto de aproximadamente 600 palabras (2h): 100% da nota. 

 

NOTAS:

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO EN CADA UNHA DAS PROBAS, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos/as que:

- Cometan máis de tres faltas graves de ortografía, gramática ou sintaxe.

- Cometan tres contrasentidos (aplicable ás traducións).

- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000