Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado (oralmente ou por escrito), ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
1ª proba na aula + encomenda 1 .
2ª proba +encomenda 2
40
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler algunha obra relacionada cos textos administrativos e económicos (cf. Bibliografía) que será avaliado oralmente. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar á/ás docentes nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais e entregar o 80% dos exercicios encargados a través de plataforma. O alumnado deberá entregar todos os exercicios en papel e por vía telemática nas datas estipuladas e identificados da seguinte forma: APELIDONOME_TXT. Non se recollerá fóra de prazo ningunha proba.

As probas presencias previstas para avaliación continua terán lugar en horario de clase e serán comunicadas coa suficiente antelación por faitic a todo o alumnado matriculado.

 Aqueles que se acollan á avaliación continua e obteñan unha cualificación de suspenso deberán presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo e/ou decembro nas condicións fixadas para a avaliación única.

As probas de avaliación única terán lugar o 23 de abril en horario docente (11h-13h) e consistirán en:

1.  Tradución directa con tempo limitado dun texto de aproximadamente 600 palabras (2h) : 50% da nota. 

2. Unha encomenda de tradución comentada que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 5 días naturais: 40% da nota + 10% comentario tradutolóxico .

A encomenda estará na plataforma FAITIC en DOCUMENTOS E LIGAZÓNS e as normas de presentación no apartado de EXERCICIOS.

 

NOTAS:

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO EN CADA UNHA DAS PROBAS, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de

 

avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos/as que:

- Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía, gramática ou sintaxe.

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000