Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 30
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
A última encomenda entregarase o penúltimo día de aulas e contará o 20 % da nota do apartado.
35
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler algunha obra relacionada cos textos administrativos e a economía(cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral en francés. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar ao docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais.

 Aqueles que se acollan á avaliación continua e obteñan unha cualificación de suspenso deberán presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo e/ou decembro nas condicións que se especifican a continuación:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica e administrativa sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa con tempo limitado dun texto de aproximadamente 600 palabras (1:30h) : 40% da nota. 

3. Unha encomenda de tradución que recibirá o alumnado o penúltimo día de aulas e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota.

A encomenda estará na plataforma FAITIC en DOCUMENTOS E LIGAZÓNS e as normas de presentación no apartado de EXERCICIOS.

O alumnado non asistente poderá presentarse o penúltimo día de aulas do cuadrimestre ou en xullo ás probas seguintes e coas mesmas condicións anteriormente descritas: 

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica e administrativa sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa con tempo limitado dun texto de aproximadamente 600 palabras (1:30h) : 40% da nota

3. Unha encomenda de tradución que recibirá o alumnado o penúltimo día de aulas e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota

NOTAS:

1º O alumnado deberá entregar todos os exercicios en papel e por vía telemática nas datas estipuladas e identificados da seguinte forma: APELIDONOME_TXT. Non se recollerá fóra de prazo ningunha proba.

2º O plaxio será motivo de suspenso.

3º Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000