Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora avaliará unha selección destas tarefas. 25
Metodoloxías integradas A avaliación das actividades realizadas con metodoloxías integradas terá en conta o grao de adquisición das competencias tradicionais e daquelas relacionadas co uso das tecnoloxías relevantes. 20
Traballos tutelados O estudante entregará unha traducción realizada en grupo (se as condicións de matrícula o permiten), xunto cunha serie de tarefas que se lle propoñerán como parte do traballo. A este traballo asígnaselle un 25% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. 25
Probas de resposta curta As probas de resposta curta consistirán en preguntas breves sobre cada un dos bloques de contidos que se realizarán ao longo do curso. Estas probas non son de carácter eliminatorio e están orientadas a comprobar que os estudantes comprenden a materia tratada en cada un dos bloques, necesaria para a correcta tradución dos textos propostos. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba práctica consistirá na realización dunha tradución directa, que terá lugar na última semana do curso. É obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Data de celebración: 29 de abril de 2015. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. Só
se realizará avaliación continua para a convocatoria de maio, e acollerse á
avaliación continua implicará consumir a convocatoria de maio. A
entrega dunha soa actividade avaliable suporá a aceptación implícita da
avaliación continua. 

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA:

-
Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Todas as tarefas deberán estar completas para que conten como entregadas.

Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos e de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se permitirá o uso de ningún destes recursos.

A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SESIÓN DO CURSO (29 DE ABRIL DE 2015) EN HORARIO DE
CLASE.

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA:

A avaliación dos estudantes que non se acollesen ao sistema de avaliación
continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español
dun texto dunhas 300-350 palabras, que suporá un 70% da cualificación da materia e a resposta a unhas preguntas
breves sobre a materia, que suporán o 30% da
nota. O exame de maio realizarase na última sesión do
curso (29 de abril de 2015) en horario de clase. Calquera cambio notificarase a través da plataforma FAITIC.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)

PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO (03/07/2015 ás 16.00 na aula C1) E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%).

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (70%).

Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos
e de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se
permitirá o uso de ningún destes recursos.

EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A MATERIA OS ESTUDANTES DEBERÁN OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO NAS DÚAS PARTES DA PROBA.

En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais. 

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante
documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa
que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba
parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000