Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O estudantado entregará unha tradución realizada en grupo (se as condicións de matrícula o permiten), xunto cunha serie de tarefas que se lle propoñerán como parte do traballo. A este traballo asígnaselle un 40% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. A entrega realizarase dúas semanas despois do remate da docencia presencial. 40 A2
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C10
C16
C17
C18
C21
C22
C24
C26
C27
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso realizaranse dúas probas prácticas, que consistirán cada unha na realización dunha tradución directa, que terán lugar nas últimas dúas semanas do curso. É obrigatorio aprobar as probas para aprobar a materia. Data de celebración: última semana de clase ou semana anterior. A cada proba corresponderalle un 30% da cualificación final. 60 A1
A2
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C21
C22
C24
C26
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. No entanto, se algunha persoa, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular. 

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA:

- Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas deberán estar completas para que conten como entregadas.

Para o desenvolvemento das probas prácticas permítese o uso de apuntamentos e medios impresos pero non medios telemáticos. 

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA:

A avaliación do estudantado que non se acollese ao sistema de avaliación continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español dun texto dunhas 400 palabras, que suporá un 40% da cualificación da materia, a resposta a unhas preguntas breves sobre a materia, que suporán o 30% da nota, e unha encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30% da nota). O exame de maio realizarase na data oficial fixada polo decanato. Calquera cambio notificarase a través da plataforma Moovi.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%). 

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (40%).

3. Encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30%)

Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos e materiais impresos pero non de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se permitirá o uso de ningún destes recursos.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE CO ESTUDANTADO QUE NON SUPERASE UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A MATERIA O ESTUDANTADO DEBERÁ OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO (5) NAS TRES PARTES DA PROBA.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterá a cualificación de suspenso o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais.

- Incurra en plaxio total ou parcialmente.

O estudantado ten dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinada noutra data.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000