Cada alumno poderá acollerse a
dúas convocatorias por curso, unha en maio e outra en xullo. As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. Só
se realizará avaliación continua para a convocatoria de maio, e acollerse á
avaliación continua implicará consumir a convocatoria de maio, salvo no caso daqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de
traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer
avaliación continua. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA: -
Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos e de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se permitirá o uso de ningún destes recursos. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SESIÓN DO CURSO EN HORARIO DE
CLASE. ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA: A avaliación dos estudantes que non se acollesen ao sistema de avaliación
continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español
dun texto dunhas 300-350 palabras, que suporá un 70% da cualificación da materia e a resposta a unhas preguntas
breves sobre a materia, que suporán o 30% da
nota. O exame de maio realizarase o día 15 de maio. Calquera cambio notificarase a través da plataforma FAITIC. SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%). 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (70%). Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos
e de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se
permitirá o uso de ningún destes recursos. EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA. PARA SUPERAR A MATERIA OS ESTUDANTES DEBERÁN OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO NAS DÚAS PARTES DA PROBA. En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais. - Incurran en plaxio total ou parcialmente. |