Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 10 preguntas breves que se realizará a final de curso. Este exame teórico non é unha proba eliminatoria, mais ten un peso importante na nota final. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán en seis traducións directas, catro delas realizadas fóra das aulas cun amplo prazo de entrega e dúas delas realizadas dentro das aulas cun prazo de entrega de 90 a 120 minutos. Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse adúas convocatorias por curso a elixir entre maio, xullo e extraordinarias. Sóse realizará avaliación continua para a convocatoria de maio, e acollerse aavaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de maio. Aentrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita daavaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% dashoras presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspensoautomático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nunexame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expedientecontra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posiblesmedidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistenciaás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñenvalor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitaráindirectamente o éxito nas probas avaliables.

Os exames oficiais sen avaliacióncontinua consistirán en tres preguntas teóricas breves que suporán o 30 % danota e un exercicio de tradución directa que suporá o 70 % da nota. Os alumnosque se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame oficialde maio. O exame oficial de maio realizarase o mesmo día proba de respostacurta da avaliación continua, coincidindo co transcurso da penúltima sesión docurso; o horario destas probas confirmarase a través de Faitic.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000