Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realización dun exame global sobre historia e cultura dos países lusófonos redactado en portugués. 25
Resolución de problemas de forma autónoma a) Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Estarán dirixidas á elaboración, por medio das TICS, de exercicios de auto aprendizaxe da materia e serán de carácter acumulativo. Estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente, presencial ou non presencial, en datas que serán comunicadas ao principio do curso polo profesorado responsable da avaliación.
b) Proba de tradución con material dalgún dos temas tratados nas clases.
A1) 25
A2)25
+
B)25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dúas modalidades de
avaliación. Na avaliación continua o/a estudante dispón da posibilidade de ir
superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados
ao longo do período lectivo canda un exame global. No caso de non entregar nas
datas indicadas os traballos de auto aprendizaxe e/ou encargos correspondentes,
ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos encargos, traballos ou
probas o/a estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua.

 



Na segunda modalidade, de
avaliación o/a estudante dispón da posibilidade de dar conta da materia por
medio dunha única proba ou tarefa. Esta consistirá na realización dunha tarefa
de tradución e/ou traballo de auto aprendizaxe para entregar na data establecida
no calendario de exames da FFT canda un exame global que se desenvolverá
de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT. En caso de
ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos,
traballos ou probas, o/a alumno/a perderá a oportunidade de examinarse na
convocatoria correspondente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000