Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 40 A1
A3
C4
C12
C22
D14
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. 60 A2
A4
C1
C3
C18
C27
C32
C33
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades através da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega detraballos, probas, etc.

AVALIACIÓN CONTINUA

1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas declase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 

2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesor para que este tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 
3 - O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse áconvocatoria única. 
4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. O alumnado poderase atopar nalgún destes dous casos: a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (60%, indicaranse os prazos durante as clases) e probas prácticas (40%, indicaranse os prazos durante as clases), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. *b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (60%) e probas prácticas (40%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. 

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e quedeberá enviar á wiki de FAITIC segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota. No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non secontará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempolimitado. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderárepetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO).

O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materiapendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 70% da nota. Soamente se poderáusar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregaro computador.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial eque deberá enviar á wiki de FAITIC segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 30% da nota.

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10.

De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

ALUMNADO ERASMUS

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español ou do portugués. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel das dúas linguas de traballo.

Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:

1. Non teña como linguas de traballo o español e o portugués.

2. Non curse estudos de linguas e literatura, tradución ou linguas aplicadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000