Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 60 A1
A3
C2
C4
C5
C12
C22
D8
D14
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. 40 A2
A4
A5
C1
C3
C10
C18
C27
C32
C33
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación, o primeiro deles de natureza
continua.

O sistema de avaliación de natureza continua baséase na realización de
actividades, unha proba final relativa a estas e dous traballos de tradución. Por
unha banda, as actividades e a proba final representan o 60% da nota global. A
devandita proba final, que terá lugar na semana do 9 de decembro de 2015, consiste en exercicios
de pretradución e/ou tradución sobre textos abordados nas clases, sen
posibilidade de utilizar por tal motivo material auxiliar. Por outra banda, os
dous traballos de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 19 de outubro de 2015 e do 16 de novembro de 2015, proporcionan un 40% da nota global.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua para a convocatoria de decembro e a todo o
alumnado para a convocatoria de xullo, é unha proba única de pretradución e/ou
tradución referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente
materiais lexicográficos en formato papel. A data da proba da convocatoria de decembro é na semana do 9 de decembro de 2015, mentres que a
data da convocatoria de xullo será fixada polo Decanato.

O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua
de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración global negativa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000