Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades sobre os contidos da materia que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba presencial final relativa a esas actividades. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dúas tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación.

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de
asistencia do 80% ás sesións presenciais. Tal sistema de avaliación
baséase na realización dunha proba presencial vinculada ás actividades abordadas nas sesións e dúas tarefas presenciais (agás, neste último caso, que se concerte co alumnado outra opción).

Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer o día 3 de decembro
de 2014, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos
vistos nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo
material auxiliar.

Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria da primeira edición de actas e tamén para a convocatoria da segunda edición de actas,
é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do
programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos
en formato papel. A data da convocatoria da primeira edición de actas é o día 3 de decembro de 2014,
mentres que a data da convocatoria da segunda edición de actas será fixada polo Decanato.

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración
final negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000