Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Alén diso, realizarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dúas tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación.

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de
asistencia do 80% ás sesións presenciais acordadas. Tal sistema de avaliación
baséase na realización de actividades, unha proba presencial e dúas tarefas.

Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer o día 4 de decembro
de 2013, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos
vistos nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo
material auxiliar.

Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria de decembro e tamén para a convocatoria de xullo,
é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do
programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos
en formato papel. A data da convocatoria de decembro é o día 4 de decembro de 2013,
mentres que a data da convocatoria de xullo será fixada polo Decanato.

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración
final negativa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000