Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos (participación en calse activa e de calidade). Cómpre entregar polo menos 4 encargas de tradución antes da súa corrección no pleno. 10 CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE14
CT3
CT4
CT7
CT8
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó longo do semestre (aprox. 300 palabras). 50 CB2
CB3
CB5
CE2
CE3
CE4
CE14
CE17
CT4
CT7
CT8
CT9
CT17
Estudo de casos Corresponde coa realización dunha encomenda de tradución dunhas 3500-4000 palabras (en grupos de 3-4 persoas) dun texto relacionado cun ámbito da materia (p. e.: folletos, exposición, audio-guía dun museo, filme, dossier sobre autoría de fala alemá etc.). O alumnado ten que presentar no pleno un informe sobre o proceso da tradución e facer unha entrega do informe escrito xunta da tradución no espazo moovi da materia. 40 CB2
CB4
CE2
CE3
CE4
CE17
CE18
CT3
CT4
CT9
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:
Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.
A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

Estudo de caso:

Data da presentación do informe na aula: antes da 21ª sesión.

Data da entrega da tradución "estudo de caso": antes da 23ª sesión.

A data do exame, que terá lugar na útlima sesión, será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame final será unha tradución de aproximadamente 300 palabras relativas ó total dos contidos abordados ó longo do cuadrimestre.
A tradución poderase realizar con todo tipo de obras de consulta e ordenador.

Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. 

Penalizarase a copia e o plaxio.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma de teledocencia (novidades, documentos, avisos

etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000