Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución efectuarase con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame entregaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de aproximadamente 300 palabras así como dunha revisión. Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará dun exercicio de tradución de aprox. 300 palabras, así como dunha revisión. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame entregarase en papel. Penalizarase a copia e o plaxio. O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula, ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).
|