Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Eventos docentes e/ou divulgativos

Prevese o control de asistencia activa mediante un test sobre os contidos dos eventos.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 5
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula de informática e as prácticas autónomas a través de TIC así como a resolución de problemas e/ou exericios en xeral (Cf porcentaxe en Resolución de problemas).
0
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC
0
Presentacións/exposicións O alumnado presentará polo menos dúas traducións comentadas. 15
Actividades introdutorias
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado: farase un test
de nivel de lingua alemá e de tradución.
0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó

longo do semestre (aprox. 250 palabras).

O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se

efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet;

nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
80
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia
aprendizaxe.
0

Outros comentarios sobre a Avaliación

A condición para ser avaliada (avaliación continua) será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única, sempre e cando llo comunique á docente e xustifique tal circunstancia documentalmente.

Data do exame: 12.12.2013

A alumna e o alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo, debe superar un exame (características: cf. avaliación única) para todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial
da materia.
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota
mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución efectuarase con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame entregaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras así como dunha revisión.

Data do exame: 12.12.2013

O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula,
ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000