Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados

<br>Inclúese aquí a encomenda que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua.
Entregaráselle á profesora un resumo dos aspectos tradutolóxicos máis importantes da tradución.
Data límite de entrega da sinopse: 5 de decembro de 2012.
30
Eventos docentes e/ou divulgativos
<br><br>Prevese o control de asistencia activa mediante un test sobre os contidos dos eventos.
0
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 15
Prácticas en aulas de informática Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula de informática e as prácticas autónomas a través de TIC. 15
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC
0
Actividades introdutorias
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado: farase un test
de nivel de lingua alemá e de tradución.
0
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto que abordará varios temas estudados ó
longo do semestre (aprox. 250 palabras).
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se
efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet;
nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
40
Probas de autoavaliación Teñen como finalidade comprobar o desenvolvemento da propia
aprendizaxe.
0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A condición para ser avaliada (avaliación continua) será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única, sempre e cando llo comunique á docente e xustifique tal circunstancia documentalmente.

A alumna e o alumno que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo, debe superar un exame (características: cf. avaliación única) para todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial
da materia que terá lugar na última ou penúltima semana do curso. A data fixarase antes de rematar o mes de abril; farase
pública na plataforma da materia (Faitic) na sección "Anuncios".
O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota
mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución efectuarase con todo tipo de obras de consulta, sen acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá utilizar como material de apoio as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame entregaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras así como dunha revisión.
O alumnado debe comunicarlle á profesora o tipo de avaliación polo que optará ata pasado 2 semanas despois da matrícula,
ou en calquera momento do curso por causas de forza maior (traballo, enfermidade...).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000