Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Após unha primeira fase introdutoria, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Eventos científicos Asistencia a eventos ou conferencias de interese para a formación do alumnado.
Lección maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a
descrición das industrias culturais. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un
soporte práctico.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000